Pementos do piquillo recheos de bacallau

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

45 minutos

Ingredientes

  • 430 g de pementos do piquillo en bote

  • 300 g de bacallau (lombo)

  • 100 g de gambas

  • 2 culleres de fariña

  • 1/2 cebola

  • 2 dentes de allo

  • 1 chorriño de leite

  • 1 chorriño de viño branco

  • aceite

  • sal

Pasos

  • En primeiro lugar imos preparar o recheo. Comezamos cocendo o bacallau até que estea ben cociñado, dependerá do tamaño dos lombos pero arredor duns 10 ou 15 minutos. Pasado este tempo sacámolo e gardamos a auga de cocción.
  • Nunha tixola cun chisco de aceite botamos a cebola e o allo moi picadiños e refogámolos a fogo baixo cun pouco de sal. Cando teñamos a cebola ben pasada engadimos o bacallau desfiado sen pel nen espiñas. Engadimos tamén as gambas e pasado un anaco botamos unha culler de fariña para que se cociñe mentras mesturamos. Botamos un chorriño de leite e remexemos constantemente até que espese. Retiramos do lume e deixamos arrefriar. 
  • Por outro lado preparamos o mollo, para isto botamos noutra tixola 3 ou 4 pementos cun chisco de aceite e un allo picadiño. Cando teñamos o allo pasado engadimos unha culler de fariña, deixamos até que se faga ben e botamos o chorriño de viño e un pouco do caldo no que cocemos o bacallau. Cociñamos uns minutos, trituramos ben cun batedor e voltamos cociñalo na tixola outro anaco. 
  • Finalmente, para rematar, enchemos os pementos coa mestura de bacallau e gambas coa axuda dunha culler de café. Colocámolos na tixola co mollo para que se acaben de cociñar uns minutos e servimos os pementos xunto co mollo.