Follados de grelos, queixo de Arzúa e noces

Detalles

Racións

4 racións

Tempo

45 minutos

Ingredientes

  • 1 cebola

  • 250 g de masa follada
    rectangular

  • 250g de grelos
    (cocidos e escorridos)

  • 50 ml de nata para cociñar

  • 75 g de queixo de Arzúa

  • 1 ovo

  • sal

  • aceite

  • noces ao gusto

  • pementa negra moída

Pasos

  • Imos empregar grelos xa cociñados, para aprender a preparalos podes ver aquí as nosas indicacións. Podemos empregar grelos de lata tamén, o resultado será igual de bo.
  • Cortamos a cebola en brunoise e rustrímola cun pouco de aceite e sal nunha tixola até que quede transparente. Engadimos os grelos ben escorridos e rustrímolos xunto á cebola uns minutos.
  • Engadimos a nata aos grelos e cociñamos un pouco, engadimos o queixo cortado en cadradiños e remexemos até que o queixo se derreta e a nata espese. Botámoslle pementa moída e engadimos tamén as noces peladas e cortadas en anacos. Mesturamos todo e reservamos.
  • Extendemos a masa follada até ter un rectángulo e cortámolo en 4 anacos iguais. Pregamos pola metade cada un dos anacos e enchémolos coa mestura de grelos deixando libre os bordos para poder pechalo ben. Coa axuda dun garfo imos premendo os bordes para pechar a masa.
  • Batemos un ovo e pintámos cun pincel por enriba as empanadiñas. Metemos no forno, que previamente quentamos a 180º, deixamos uns 20 ou 30 minutos até se doure a masa por enriba.
  • Podemos comelos temperados ou fríos, como máis gostemos. Aguantan varios días unha vez feitos.