Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
2 horas
Ingredientes
1 pata de año de leite (800 g)
3 dentes de allo
romeu
sal
1/2 limón
pementa negra moída
Pasos
- Comezamos pelando os allos e botándoos nun morteiro, esmagámolos ben e engadímoslles unha culler de auga, unhas folliñas de romeu fresco e o zume de medio limón.
- Salgamos a pata polos dous lados e colocámola nunha fonte apta para o forno.
- Esparexemos ben por enriba a mestura de allo e metemos no forno, que previamente quentamos a 170º, durante 2 horas máis ou menos.
- Pasados 15 minutos imos engadir unha cullerada de auga ao fondo da fonte, mesturalo ben cos zumes que foi soltando e regamos por enriba. Repetimos este proceso cada 15 ou 20 minutos.
- Pasadas as dúas horas botámoslle un ollo e se xa está douradiño por enriba e ben cociñado servimos. Podemos acompañar dunha ensalada ou con patacas asadas ao forno.