Torta de pexegos

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

45 minutos

Ingredientes

  • Para a masa:
  • 2 xemas de ovo

  • 85 g de azucre

  • 100 g de manteiga
    ( a temperatura ambiente)

  • 115 g de fariña

  • 4 g de levedo en po

  • Para a cobertura:
  • 200 g de nata para bater

  • 30 g de queixo crema

  • 30 g de azucre glas

  • 1 nectarina

  • Para o puré de pexego:
  • 2 pexegos

  • 10 g de manteiga

  • un chisco de mel

  • MOLDE
  • Redondo de 18 cm

Pasos

  • Comezamos preparando a masa. Batemos as xemas co azucre até ter unha mestura homoxénea e o azucre estea desfeito. Engadimos a manteiga, o lévedo e a fariña pouco a pouco e imos mesturando cunha culler.
  • Envolvemos a masa nun film transparente e deixámola na neveira. Deixamos 30 min como mínimo, podemos facela dun dia para o outro.
  • Para cociñar a masa, extendemola cun rolete pero imos deixar o film transparente por enriba para que non se pegue, xa que esta mása é bastante dificil de traballar. É moi importante tamén que estea ben fria para facilitar a súa manipulación. Colocamos o molde por enriba e retiramos a parte sobrante.
  • Metemos no forno, que previamente quentamos a 180º, durante uns 15 / 16 minutos. Imos vendo cando comeza a dourarse por enriba e retiramos.
  • Despois cortamos pelamos e cortamos os pexegos, cociñámolos a fogo baixo nun cazo xunto co mel e a manteiga. Aos 15 minutos deberían estar xa brandiños, se non deixamos un anaco máis. Cando estean cociñados triturámolos cun batedor eléctrico.
  • Mentras deixamos que arrefríe imos bater a nata. Botamos nun cunco a nata, o azucre e o queixo e batemos cun batedor de globo eléctrico. Comezamos a baixa potencia e imos subindo pouco a pouco até que se debuxen sucos na nata, o que nos indicará que xa esta pronta.
  • Cando estean frias a masa e o puré de pexego podemos montar a torta. Para iso extendemos o pure por enriba e a continuación botamos a nata batida por enriba cunha manga pasteleira. Decoramos cuns anacos de nectarina no centro.