Filloas

Detalles

Racións

12 filloas

Tempo de cociñado

20 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 50 ml de leite

  • 200 ml de auga

  • 3 ovos

  • 100 g de fariña

  • sal

  • aceite de oliva ou un pedazo de touciño

Pasos

  • Batemos os ovos co leite e a auga cun batedor de varas
  • Tamizamos a fariña e imos engadindoa pouco a pouco mentras batemos para evitar gromos.
  • Engadimos un chisco de sal e un pouco de aceite e seguimos batendo.
  • Deixamos repousar o amoado 45 minutos e batemos outro pouco antes de comezar a facer as filloas. Se vemos que espesou moito podemos engadirlle un pouco máis de auga e bater.
  • Engraxamos unha tixola ou filloeira cun pano de papel e un pouco de aceite ou cun pedazo de touciño.
  • Poñemos a tixola a lume medio e cando esté quente levantámola no aire un pouco xirada e coa axuda dun cullerón botamos a masa, mentras a movemos con movementos circulares para que a masa encha toda a superficie. É importante facelas ben finas, polo que botamos pouca masa na tixola, a suficiente para encher a superficie.
  • Deixamos uns minutos e dámoslle a volta coas mans con cuidado de non queimarnos. Podemos empregar unha espátula de madeira para despegar as beiras da filloa e que sexa máis sinxelo virala.
  • A primeira filloa adoita sair peor por non estar temperada a tixola.
  • Batemos a masa de cada pouco e imos repetindo o proceso até rematar a masa.

1 comentario

Los comentarios están cerrados.