Detalles
Racións
4 persoas
Tempo de cociñado
60 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
1 berenxena
1 cabaciño
3 cenouras
1 pemento vermello
1 cebola
3 tomates maduros
champiñóns
2 allos
láminas de pasta para lasaña
tomate triturado
queixo relado para gratinar
pementa
sal
- Para a bechamel
fariña
manteiga
leite
Pasos
- Pelamos e cortamos en pedazos miudos a cenoura.
- Cortamos en brunoise a cebola e o pemento, e en taquiños do mesmo tamaño a berenxena e o cabaciño.
- Lavamos y laminamos os champiñóns.
- Quentamos un chisco de aceite de oliva nun wok e botamos primeiro o allo, e logo a cebola, o pemento, a cenoura, a berenxena e o calabacín. Cociñamos a fogo medio.
- Aos 5 minutos engadimos os champiñóns e seguimos cociñando.
- Cando todas as verduras xa estén feitas, engadimos os tomates pelados e cortados en tacos. Engadimos sal e un pouco de pementa negra moída.
- Se queremos, ademais dos tomates naturais podemos engadir tomate triturado cando estes xa estén cociñados.
- Cando as verduras esten cociñadas, apagamos o lume e deixamos repousar. Mentras tanto prequentamos o forno a 180 graos.
- En tanto o forno quece, colocamos nunha bandexa para forno unha capa de láminas de pasta e cubrimos coas verduras. Neste caso non e necesario cocer a pasta, pero depende do produto elixido. Repetimos o proceso outra vez até conseguir duas capas de verduras e tres de pasta.
- Facemos unha bechamel seguindo as indicacións da nosa receita e cubrimos a derradeira capa de lasaña con esta.
- Por último botamos por riba da bechamel o queixo relado e metemos no forno 15 ou 20 minutos. Os últimos minutos activaremos o modo grill até que a capa de queixo fique douradiña.