Pexegos asados con area de bolachas e xeado de vainilla

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

25 minutos

Ingredientes

  • 8 pexegos

  • 4 bolachas ao gusto

  • xeado de vainilla

Pasos

  • A preparación desta sobremesa é ben sinxela pero non por iso menos saborosa. Comezamos lavando e partindo á metade os pexegos, retirámoslles a carabuña e colocámolos nunha fonte apta para o forno co corte cara arriba.
  • A continuación, metémolos no forno a 180º durante 15 ou 20 minutos, dependendo do seu tamaño. Cando os teñamos cociñados retiramos do forno e esmagamos as bolachas coa axuda dun morteiro ou meténdoas nunha bolsa de conxelar.
  • Servimos os pexegos nun prato cunha camiña de area de bolacha por baixo e acompañados dunha bola de xeado de vainilla.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *