Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
45 minutos
Dificultade
Fácil
Pasos
- Quentamos a auga un pouco e reservamos.
- Nun cunco botamos a fariña de millo e mesturamos co sal, remexemos ben e facemos un burato no medio.
- Imos engadindo a auga pouco a pouco e amasando até ter unha masa homoxénea. Cando a masa deixe de pegarse ás mans e sexa compacta estará pronta.
- Facemos unha bola e cubrimos cun pano, deixamos repousar 30 minutos.
- Dividimos a bola en 8 boliñas máis pequenas e enriba do pano imos esmagando as bolas coas mans até formar tortas non moi gordas.
- Quentamos ben unha tixola sen aceite e facemos as tortas nela, uns minutos por cada lado até que se douren.
- Fritimos os chourizos na mesma tixola cun chisco de aceite e reservamos.
- Comemos as tortas quentiñas dobrándoas co chourizo no medio.