Año ao forno

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

2 horas

Ingredientes

  • 1 pata de año de leite (800 g)

  • 3 dentes de allo

  • romeu

  • sal

  • 1/2 limón

  • pementa negra moída

Pasos

  • Comezamos pelando os allos e botándoos nun morteiro, esmagámolos ben e engadímoslles unha culler de auga, unhas folliñas de romeu fresco e o zume de medio limón.
  • Salgamos a pata polos dous lados e colocámola nunha fonte apta para o forno.
  • Esparexemos ben por enriba a mestura de allo e metemos no forno, que previamente quentamos a 170º, durante 2 horas máis ou menos.
  • Pasados 15 minutos imos engadir unha cullerada de auga ao fondo da fonte, mesturalo ben cos zumes que foi soltando e regamos por enriba. Repetimos este proceso cada 15 ou 20 minutos.
  • Pasadas as dúas horas botámoslle un ollo e se xa está douradiño por enriba e ben cociñado servimos. Podemos acompañar dunha ensalada ou con patacas asadas ao forno.