Arepas con carne de polo desfiada e queixo de Arzúa

Detalles

Racións

8 unidades

Tempo

60 minutos

Dificultade

Fácil

As arepas son unha comida moi famosa en países como Venezuela ou Colombia. Son unha especie de tortiñas feitas con auga e fariña de millo, e cómense como acompañante ou recheas do que máis nos guste.

A fariña de millo precocida coa que se fan podemos atopala facilmente en calquer supermercado, a máis común é a da marca P.A.N.

Ingredientes

  • Para o recheo:
  • 2 peitugas de polo

  • 3 cebolas

  • 1 pemento vermello

  • 3 allos

  • 2 tomates

  • 3 caienas secas

  • 1 aguacate

  • queixo de Arzúa

  • Para a masa:
  • 250 g de fariña
    de millo branco precocida

  • 450 g de auga

  • 1 culler de aceite

  • 1 chisco de sal

Pasos

  • Para a masa:
  • Botamos nun cunco a fariña de millo e o sal e mesturamos. Engadimos a auga pouco a pouco e imos remexendo cunha culler de madeira. Amasamos coas mans e deixamos repousar 15 ou 20 minutos.
  • Unha vez repousada a masa, mollamos as mans e facemos 8 boliñas. Deixamos un anaco sobre un pano.
  • Para facer as arepas imos empregar unha tixola ou unha prancha, antes untámola un pouco cun pano de papel e un pouco aceite para evitar que se peguen. Imos poñendo as boliñas na tixola e esmagámolas para aplanalas, deixamos 5 minutos de cada lado até que collan algo de cor.
  • Para o recheo:
  • Cocemos nunha pota con auga e un pouco de sal as peitugas de polo acompañadas dunha cebola enteira e pelada, deixamos 30 minutos a lume medio.
  • Picamos as outras dúas cebolas, os allos e o pemento en anaquiños e rustrimos cun pouco de aceite e sal, pasados uns minutos engadimos os dous tomates cortados en anacos.
  • Cando o polo estea listo, sacámolo da auga e gardamos o caldo. Desfiamos as peitugas coa axuda de dous garfos.
  • Botamos as caienas cortadas en anacos e o polo desfiado ao rustrido de pemento, cebola e tomate e imos engadindo culleradas do caldo onde cocimos as peitugas, pasandoo antes por un coador. Cando as verduriñas estean ben pasadas deixamos de engadir caldo, agardamos a que reduza un pouco o líquido e retiramos do lume.
  • Pelamos e esmagamos cun garfo o aguacate nun cunco.
  • Cun coitelo abrimos as arepas e enchémolas coa carne, o aguacate e un pouco de queixo de Arzúa. Servimos quentiñas.