Detalles
Cantidade
6 persoas
Tempo
25 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
50 g de fariña
50 g manteiga
1/2 litro de leite
sal e pementa negra moída ao gusto
Pasos
- Tamizamos a fariña cun coador e reservamos.
- Quentamos o leite sen que ferva e reservamos.
- Colocamos a manteiga cortada en cadradiños nun cazo á parte, e quentamos a lume baixo ata que se derreta.
- Cando a manteiga se derreta engadimos a fariña previamente tamizada á manteiga derretida pouco a pouco e imos remexendo cunha culler de pau. É moi importante cociñar ben a fariña durante varios minutos, de non facelo saberá moito a fariña crua.
- Cando a fariña este ben dourada, engadimos o leite quente e imos remexendo con un batedor de globo até que fique unha masa homoxénea.
- Botamos sal e pementa ao gusto
- Remexemos lentamente até conseguir a textura desexada.
[…] unha bechamel seguindo as indicacións da nosa receita e cubrimos a derradeira capa de lasaña con […]