Canelóns de lacón con grelos

Detalles

Cantidade

6 persoas

Tempo

90 minutos

Dificultade

Media

Ingredientes

  • 200g de grelos

  • 12 láminas de canelóns

  • lacón cocido

  • 1 cebola

  • 1 tomate maduro

  • 50 g de queixo para gratinar

  • 50 g de queixo de tetilla relado

  • Para a bechamel:
  • 125g de fariña

  • 1 litro de leite

  • 125 g de manteiga

Pasos

  • Cortamos o lacon cocido en anaquiños.
  • Cocemos os grelos. É recomendábel escaldar os grelos antes de cocelos. Para isto colocamolos en auga fervendo cun chisco de grasa de porco e cando volva a ferver de novo agardamos unhos 4 minutos.
    Escorremolos ben e poñemos a cocer outra vez, sobre 15 minutos. Cando estén listos, escorrémolos de novo.
  • Cortamos a cebola en anaquiños pequenos e botámola nunha tixola con un pouco de aceite de oliva.
  • Cando a cebola esté pochadiña, engadimos o tomate pelado e cortado en anacos e cociñamos 5 minutos.
  • Cando a base do recheo este listo, engadimos o lacón e deixamos uns minutos.
  • Finalmente engadimos os grelos, deixamos 5 minutos e retiramos.
  • Para facer a bechamel podes seguir a receita da nosa sección de receitas básicas.
  • Poñemos a remollo en auga quente as pracas de pasta para os canelóns uns 20 minutos. Dependerá da marca que compremos. Cando estén cocidos, escorremolos.
  • Botamos unha cama de bechamel nunha bandexa para o forno.
  • Imos montando os canelons con cuidado e colocandoos sobre a capa de bechamel.
  • Finalmente cubrimos con outro pouco de bechamel, e botamos o queixo relado por riba.
  • Metemos no forno 15 minutos a 200ºC e finalmente gratinamos 5 minutos.