Curry de lagostinos

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

45 minutos

Ingredientes

  • 500 g de lagostinos crús

  • ½ cebola

  • 1 tomate pequeno maduro

  • 2 dentes de allo

  • 5 g de xenxibre fresco

  • 2 follas de loureiro

  • 1 culler de sopa de cravo

  • 1 culler de sopa de cardamomo

  • 12 g de comiño en pó

  • 12 g de cúrcuma en pó

  • 12 g de pemento doce en pó

  • ½ iogur

  • 100 g de leite de coco

  • sementes de chía

  • pirixel fresco

Pasos

  • En primeiro lugar pelamos os allos e o xenxibre e esmagámolos nun morteiro cun chisco de auga. A continuación cortamos a cebola en xuliana e refogámola cun pouco de aceite, engadimos tamén o allo, o xenxibre, as follas de loureiro o cravo e o cardamomo.
  • Cando a cebola estea case lista, engadimos o tomate pelado e cortado en taquiños e cociñamos uns 10 minutos. Mentras se cociña a cebola tiramos a casca dos lagostinos e reservamos as cabezas.
  • Con elas imos facer un caldo, para isto refogámolas cun chisco de aceite nun cazo e despois encadigos un pouco de auga. Deixamos cocer uns minutos e retiramos do lume.
  •  Despois de cociñar o tomate imos retirar o cravo, o cardamomo e o loureiro e engadir o iogur e tamén as especias en pó: comiño, cúrcuma e pemento doce. Mesturamos ben e deixamos cociñar uns minutos.
  • Máis tarde engadimos un pouco do caldo das cabezas pasado por un coador e trituramos todo co batedor.Co mollo case preparado incorporamos o leite de coco, remexendo ben para obter un mollo homoxéneo e engadimos os lagostinos. Uns minutiños seran suficientes para  para que se cociñen.
  • Servimos ben quente con perixel picado e sementes de chía por enriba, podemos acompañalo con arroz branco ou pan pita.