Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
60 minutos
Ingredientes
250 g de lentellas
400 g de cabaza
3 porros
3 dentes de allo
1 pemento vermello
3 patacas
comiño en pó
pemento doce en pó
sal
aceite
Pasos
- Podemos deixar a remollo a noite anterior as lentellas para que sexa máis rápido cociñalas.
- Comezamos pelando a cabaza e cortamos en dadiños. Lavamos e cortamos en toros os porros e os pementos en anacos non moi pequenos.
- Botamos un chisco de aceite nunha pota fonda e douramos a cabaza xunto cos porros e os pementos. Engadimos os dentes de allo pelados, cubrimos con abundante auga e botamos tamén as lentellas, lavadas e escorridas.
- Botámoslle un chisco de sal, pemento doce en pó e comiño en pó ao gusto e mesturamos todo. Agardamos a que comece a ferver e deixamos a fogo medio durante uns 30 minutos máis ou menos, remexendo de vez en cando.
- Un pouco antes de que pasen os 30 minutos pelamos as patacas, escachámolas cun coitelo e incorporámolas ás lentellas. Probamos o sal e engadimos un chisco máis se for necesario. Seguimos cociñando outros 15 minutos máis ou menos, até que as patacas e as lentellas estean listas.
- Deixámolas repousar uns minutos e servimos ben quentiñas.