Pescada con mollo de porros

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo de cociñado

40 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 4 toros de pescada

  • 2 porros

  • 1 cebola

  • 2 allos

  • 1/2 vaso de viño branco

  • 1l de caldo de peixe

  • aceite de oliva

  • perixel para decorar

Pasos

  • Lavamos os porros e cortamolos en anacos de un dedo de grosor aproximadamente.
  • Cortamos a cebola en brunoise.
  • Botamos aceite de oliva nunha pota e cando este quente engadimos a cebola, o porro e dous allos pelados. Engadimos un chisco de sal e refogamos 10 minutos con lume baixo.
  • Engadimos o viño branco e deixamos 5 min para que se evapore o alcohol.
  • Engadimos o caldo de peixe e deixamos cocer ata que as verduras esten ben cocidiñas, 20 minutos aproximadamente.
  • Cando as verduras estén listas triturámolas coa axuda dun batedor.
  • Unha vez triturado o mollo, colocamos a pescada enriba e deixamos que se cociñe outros 10 minutos con lume medio.
  • Cando a pescada esté cociñada deixamos reposar uns minutos e colocamos nun prato. Podemos decoramos cunhas follas de perixel picado.