Polo á mostaza con gornición de verduras

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

75 minutos

Ingredientes

  • 600 g de zancos de polo

  • 1 cebola

  • 1 pemento vermello

  • 4 cenorias

  • patacas pequenas

  • 1 brócoli

  • 4 culleres de mostaza

  • aceite

  • tomiño

  • pementa negra moída

Pasos

  • Comezamos lavando todas as verduras. Cortamos a cebola en cuarteiróns e o pemento en anacos. Pelamos as cenorias e cortámolas en toros tamén.
  • Colocamos todas as verduras a excepción do brócoli nunha bandexa apta para o forno, engadimos as patacas lavadas tamén e regamos por enriba cun chorriño de aceite de oliva. Botámoslles un pouco de sal e pementa e metemos no forno, que previamente quentamos a 200ºC, deixamos uns 60 minutos máis ou menos.
  • Nun cunco mesturamos as 4 culleres sopeiras de mostaza con 6 culleres de aceite de oliva e follas de tomiño. Mesturamos todo ben e reservamos. Podemos engadir máis aceite se vemos que está moi espeso, ten que quedar un mollo non moi denso para poder cubrir o polo con el.
  • Colocamos o polo nunha bandexa apta para o forno, salpimentamos e botámoslle por enriba a metade do mollo de mostaza que acabamos de preparar. Metemos no forno xunto as verduras e deixamos uns 45 minutos, dependendo do tamaño dos anacos de polo. Á metade do tempo botarémos por enriba do polo o resto do mollod e mostaza.
  • Cando pasen 30 minutos, cortamos o brócoli en ramiñas e cociñámolo co resto das verduras os últimos 30 minutos para evitar que se queime e fique algo crocante.
  • Agardamos a que se cociñen todos os ingredientes, remexendo as verduras de cando en vez para evitar que se queimen.
  • Finalmente, servimos o polo acompañado da gornición cun chisco do mollo de mostaza que ficou no fondo da bandexa e decoramos cunha ramiña de tomiño.