Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
20 minutos
Ingredientes
2 tomates grandes maduros
aceite de oliva
1 anaco de pan
do día anterior1 dente de allo pequeno
ou 1/2 dente de allosal
- Para acompañar:
xamón curado
ovo cocido
Pasos
- Lavamos os tomates, cortámolos en anacos e botámolos no vaso dun batedor. Triturámolos un par de minutos.
- Engadimos o pan ao tomate en anacos e deixámolo 10 ou 15 minutos para que se enchoupe ben.
- Pelamos o allo, quitámoslle o centro e engadímolo.
- Botámoslle un chorriño de auga, un chorro abundante de aceite de oliva, un chisco de sal e trituramos todo até que quede unha mestura homoxénea. Se queremos que que quede máis raro engadimos outro pouco de auga e voltamos bater.
- Podemos servir só ou con tacos de xamón curado ou ovo cocido por enriba.