Detalles
Racións
8 persoas
Tempo
90 minutos
Ingredientes
4 mazás verdes
marmelada de pexego
- Para a crema pasteleira:
500 ml de leite
3 xemas e 1 ovo
30 g de maicena
75 g de azucre
1 ramiña de canela
1 limón
- Para a masa:
125 g de manteiga en pomada
250 g de fariña de trigo
1 ovo
1 chisco de sal
garavanzos secos para enfornar
- MOLDE
Desmontable de 28 cm
Pasos
- Para a masa:
- Comezamos facendo a masa quebrada que será a base da nosa torta. Botamos nun cunco a fariña de trigo peneirada xunto cun chisco de sal e coa manteiga en pomada, mesturamos todo coas mans até ter unha mestura areosa.
- Engadimos o ovo e amasamos coas mans para obter unha masa homoxénea e que non se pegue ás mans. Botamos un chisco de fariña sobre a mesa e seguimos amasando outros 5 minutos. Finalmente formamos unha bola coa masa, cubrímola con film transparente e deixámola repousar unha hora na neveira.
- Despois de deixar repousar a masa, estendémola ben cun rolete e colocámola sobre un molde redondo apto para o forno. Picamos cun garfo e cubrimos con papel de forno e con garbanzos por enriba para evitar que suba.
- Metemos no forno, que previamente quentamos a 180ºC, e deixamos 15 minutos.
- Para a crema:
- Para a crema imos seguir a nosa receita de crema pasteleira. Imos engadir tamén 2 pedazos de reladura de limón para infusionar o leite xunto a canela.
- Montaxe:
- Retiramos do forno a base, agardamos a que arrefríe uns minutos e esparexemos a crema sobre a masa de xeito que fique uniforme a superficie.
- Pelamos as mazas, cortámolas en 4 cuarteiróns e cortamos estes en láminas coa axuda dunha mandolina ou cun coitelo no seu defecto.
- Colocamos os anacos de mazá sobre a crema en cículos concéntricos e metemos no forno durante 45 minutos a 180ºC. Botámoslle un ollo de cando en vez para evitar que se queime, se vemos que pode torrarse colocámoslle por enriba un pedazo de papel de aluminio.
- Retiramos do forno e deixamos arrefríar un pouco.
- Finalmente, mesturamos 3 culleres de marmelada nun cunco cunha culler de auga e pintamos cun pincel a torta por enriba para darlle brillo.
- Agardamos a que arrefríe de todo para tirar o molde e poder gozar dela.