Strudel de mazá

Detalles

Racións

8 persoas

Tempo

45 minutos

O strudel é un doce orixinario de Austria e Alemaña, elaborado cunha masa de follado rechea xeralmente con mazás aromatizadas con canela e pasas. Cómese morna e pódese acompañar de xeado de vainilla.

Ingredientes

  • 1 masa de follado

  • 4 mazás

  • 100 g de azucre moreno

  • zume de 1 limón pequeno

  • 50 g de noces peladas

  • 30 g de abelás peladas

  • 50 g de pasas

  • 1 ovo

  • 150 g de manteiga

  • canela en pó

Pasos

  • Pelamos, tirámoslles o corazón e cortamos en cadradiños as mazás.
  • Cortamos en anacos as abelás e as noces.
  • Nunha pota derretemos a manteiga e engadimos as mazás, o zume de limón e as pasas. Deixamos 10 minutos ao lume remexendo de cada pouco até que se se cociñen.
  • Engadímoslle o azucre e a canela ao gusto e mesturamos todo. Botamos 1/4 de vaso de auga e os froitos secos mentras continuamos remexendo. Finalmente apagamos o lume, reservamos e deixamos enfriar un pouco.
  • Prequentamos o forno a 200º. Mentras extendemos a masa sobre unha bandexa para o forno e colocamos o recheo no centro, deixando marxes arriba e abaixo.
  • Pechamos ben cos bordes formando un rolo e facemos uns cortes transversais por enriba.
  • Batemos un ovo e pintámos con el o strudel. Metémolo no forno, que previamente quentamos a 200º, durante uns 10 ou 15 minutos até que se doure a masa.
  • Agardamos un chisco a que arrefríe e servimos morno, cortado en toros e acompañado de xeado de vainilla.