Ensalada grega

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

15 minutos

Ingredientes

  • 2 tomates

  • 1 cogombro

  • 1 cebola morada pequena

  • 50g de olivas negras

  • 180 g de queixo feta

  • aceite de oliva 

  • ourego seco

  • limón

  • sal 

Pasos

  • En primeiro lugar pelamos o cogombro, a continuación cortámolo xunto co tomate en dados non moi pequenos e cortamos tamén a cebola en tiras.
  • Botamos todo nun cunco e aderezamos con sal, aceite de oliva e un chorriño de zume de limón por enriba. Mesturamos ben e engadimos as olivas e o queixo feta cortado en dados.
  • Botamos por enriba un pouco de ourego seco picado e servimos.