Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
45 minutos
Pasos
- Pelamos as patacas e cortámolas en toros de grosor medio cunha mandolina. Cubrimos o fondo dunha bandexa apta para o forno con elas.
- Cortamos a cebola tamén en toros e colocámola sobre as patacas. Botámoslles sal e un chorriño de aceite por enriba e metémolas no forno, que previamente quentamos a 180 ºC, durante uns 15 ou 20 minutos.
- Pasado este tempo sacamos a bandexa do forno, salgamos as douradas e colocámolas sobre a cama de patacas e cebola.
- Cortamos 4 toros de limón, cortámolos pola meta e colocámolos sobre as douradas. Engadímoslles un chorriño de aceite e co resto de limón expremémolo por enriba dos peixes e das patacas.
- Metémolos no forno durante uns 20 ou 25 minutos até que se douren un pouquiño.
- Sacámolas do forno e desfrutámolas cun albariño ben fresquiño.