Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
90 minutos
Dificultade
Media
Molde
Rectangular de 30×21 cm
Ingredientes
- Para o fermento:
200 g de fariña de trigo
120 ml de auga
5 g de lévedo fresco
- Para a bica:
250 g de fariña de trigo
6 ovos
350 g de azucre
canela en pó
Reladura de 1/2 limón
250 g de manteiga de vaca cocida
(manteiga clarificada) ou 400 g de manteiga
Pasos
- Para o fermento:
- Botamos a fariña nun cunco, facemos un pequeno burato no medio e botamos o lévedo fresco no medio. Botamos a auga morna e coa axuda das mans disolvemos ben o lévedo e mesturamos todos os ingredientes.
- Amasamos coas mans durante 5 minutos e deixamos toda a noite na neveira tapada con un pano ou con filme transparente.
- Como facer manteiga de vaca cocida ou manteiga clarificada:
- Poñemos nun cazo a manteiga a lume baixo e remexemos pouco a pouco até que se derreta toda pero sen que chegue a ferver. Cando se derreta toda, retiramola do lume, colocamos nun cunco de cristal e deixamos arrefriar un pouco.
- Observaremos 3 capas: Unha primeira de escuma, despois unha máis amarela e finalmente unha terceira máis líquida. Retiramos a primeira escuma e tirámola.
- A segunda capa é a que nos interesa, retirámola con cuidado sen mesturala coa outra.
- Para a bica:
- Separamos as xemas das claras dos ovos.
- A manteiga de vaca cocida, ben feita na casa ou ben comprada, ten que estar medio derretida. Se non é asi damoslle un golpe de calor no microondas a mínima potencia ou ao baño maría.
- Mesturamos a manteiga co azucre con un batedor ata que quede de cor branca.
- Engadimos as xemas e a reladura do limón á manteiga.
- Con unha cullerada de leite disolvemos un pouco o fermento e engadímolo á mestura aos poucos. Mesturamos ben todos os ingredientes coa axuda do batedor.
- Engadimos un chisco de sal ás claras e cun batedor de varas montámolas a punto de neve.
- Tamizamos a fariña e botámola co resto de ingredientes e remexemos para mesturar todo.
- Imos usar un molde rectangular, de 30×21 cm aproximadamente. Cubrímolo con papel de forno e botamos a masa da bica.
- Mesturamos o azucre da cobertura con un pouco de canela, e botámolo por riba da masa da bica.
- Metémolo no forno, que previamente quentamos, a 180 graos durante 45 minutos. Os últimos 15 minutos se vemos que está moi dourado cubrímolo con papel de alumínio para que non se queime.
- Deixamos arrefriar e tiramos o molde. Esperamos a que arrefrie de todo para desfrutala.