Crema de grelos

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

30 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 350 g de grelos cocidos

  • 50 g de nata para cociñar

  • 1 cebola

  • 2 porros

  • 1 pataca

  • sal, pementa negra e aceite

Pasos

  • Podemos usar grelos en lata ou grelos frescos e cocelos. Para preparar os grelos frescos podedes ver aquí como facelo.
  • Lavamos e cortamos os porros e a cebola en anacos pequenos.
  • Botamos un chorriño de aceite nunha pota e rustrimos a cebola e o porro durante 5 minutos a lume medio con un pouco de sal. A continuación botamos a pataca pelada e cortada en dadiños e continuamos refogando 10 minutos.
  • Cubrimos con auga e deixamos cocer até que a pataca estea casi feita. Engadimos un pouco de pimenta negra moída.
  • Botamos os grelos cocidos e deixamos cocer outros 10 minutos.
  • Trituramos todo cun batedor, engadimos 50 g de nata para cociñar e mesturamos. Probamos como está de sal e engadimos un pouco máis se fose necesario. Servimos cun chorriño de aceite por enriba e picatostes.