Empanada de wakame e mexilóns

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

90 minutos

Dificultade

Media

Ingredientes

  • 1kg de mexilóns con cuncha

  • 1 pemento vermello

  • 1 cebola

  • 1/2 vaso de viño albariño

  • 3 pementas caiena

  • pimentón picante “de la vera”

  • 25 g de alga wakame deshidratada

  • Para a masa:
  • 225 g de aceite de xirasol

  • 225 g de leite

  • 3 ovos

  • 10 g de sal

  • 750 g de fariña de trigo

Pasos

  • Para a masa:
  • Primeiro facemos a masa. Botamos nun cunco a fariña, facemos un burato no medio e engadimos o sal, o leite e os 2 ovos batidos.
  • Mesturamos ben todos os ingredientes e amasamos até ter unha bola uniforme. Reservamos.
  • Para o recheo:
  • En primeiro lugar lavamos os mexilóns e botamolos nunha pota alta con un pouco de auga fría, pero sen chegar a cubrilos, un ou dous tres de dedos de auga será suficiente. Poñémos a pota tapada a lume medio durante uns 5 minutos até que abran os mexilóns e gardamos a auga.
  • Separamos os mexilosn das cunchas, pasamos a auga dos mexilóns por un coador e reservamos.
  • Picamos o pemento e a cebola coa axuda dunha picadora e rustrímolos nunha tixola con un chorriño de aceite, un pouco de sal e coa caiena. Pasados 5 minutos engadimos o viño branco e refogamos até que evapore. Unha vez evaporado o viño, engadimos un pouco de pimentón e un pouco de caldo de cocer os mexilons e seguimso refogando a lume medio. A caiena podemos deixala no recheo ou retirala para evitar que pique moito.
  • Mentras se fan as verduras imos hidratar as algas. Para isto poñemos as algas deshidratadas nun prato fondo e cubrímolas con abundante auga de cocer os mexilóns. Deixamos uns 10 minutos até que se hidraten.
  • Cando as algas estén hidratadas escorremolas e engadímolas á tixola co resto de verduras e os mexilons sen cuncha. Refogamos durante uns minutos e retiramos do lume.
  • Xa teríamos listo o recheo, agora imos formar a empanada. Collemos a bola de masa, e cortamos un pouco máis da metada, un 60% aproximadamente. Coa axuda dun rolete estiramos ben a masa para que quede fina e colocámola sobre unha bandexa de forno con papel para o forno. Deixamos que sobre un pouco de masa nos bordes da bandexa.
  • Botamos o recheo sobre a masa e extendemos por toda a superficia da bandexa, pero deixando unha marxe nos bordos de un dedo de ancho aproximadamente. Así poderemos colocar a tapa sen problemas.
  • Extendemos co rolete o resto da masa e colocámola sobre o recheo. Pechamos os bordes sobrantes sobre a tapa e coa axuda de dous dedos imos xuntando as tapas e dándolle forma ao borde.
  • Facemos un burato no medio da tapa da empanada e decorámola ao gusto coa masa sobrante.
  • Batemos un ovo e pintamos a tapa da empanada para darlle unha cor máis vistosa.
  • Metemos na parte baixa do forno, que previamente quentaramos a 180º e deixamos cocer uns 45 ou 50 minutos até que fique dourada.
  • Retiramos do forno e deixamos que arrefríe antes de cortar.