Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
30 minutos
Ingredientes
8 escalopiños de tenreira
200 ml de nata para cociñar
125 g de champiñóns laminados
100 g de queixo azul
fariña de trigo
2 allos
1/4 vaso de viño branco
Pasos
- Preparamos os espalopiños retirando partes de graxa se as tiveran e golpeámolos suavemente para aplanalos.
- Salpementamos os filetes e pasámolos polos dous lados por un prato con fariña. Despois fritímolos nunha tixola cun chisco de aceite, e aos poucos minutos, cando estean ao punto, retirámolos e reservamos.
- A continuación pelamos os allos, cortámolos finiños e dourámolos cun chisco de aceite na mesma tixola, logo engadimos os champiñons e refógamolos un anaco.
- Engadimos o viño e deixamos a fogo médio. Cando estean cociñados os champiñóns e o viño teña reducido, engadimos a nata e o queixo cortado en anacos.
- Integramos todo ben cando se derreta o queixo e deixamos uns minutos máis para que se cociñe a nata e espese.
- Engadimos os escalopiños á tixola coa nata para darlles un golpe de calor e finalmente, servimos nun prato a carne co mollo por enriba. Podemos acompañar tamén con cacheliños con monda.