Garavanzos con espinacas

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

30 minutos

Ingredientes

  • 400 g de garavanzos cocidos

  • 400 g de espinacas conxeladas
    ou frescas

  • 1 cebola

  • 2 dentes de allo

  • pemento moído doce

  • comiño en pó

  • 4 caienas

  • sal e aceite

Pasos

  • Botamos un chisco de aceite nun wok ou tixola grande e douramos os allos nel.
  • Picamos a cebola en brunoise e engadímola á tixola cun chisco de sal, remexendo de cando en vez.
  • Cando a cebola estea pasada engadimos as espinacas e salteámolas, se son conxeladas teremos que agardar máis neste paso. Engadimos unha culleriña de pemento, as caienas cortadas en anacos e unha culleriña de comiño. Remexemos todo e engadimos os garavanzos ben escorridos.
  • Seguimos salteando uns minutos até que se douren os garavanzos e servimos ben quentiños.