Detalles
Racións
6 unidades
Tempo
10 minutos
Dificultade
Fácil
As gildas son un pintxo moi famoso no País Vasco. É un petisco delicioso, onde se mestura o salgado da anchoa co picante do chile e que adoita maridarse cun vermú na hora do aperitivo.
Pasos
- Cortamos as piparras a metade.
- Espetamos unha oliva no escarvadentes, a continuación colocamos a anchoa e 3 metades de piparra. Podemos ir intercalando a anchoa con anacos de chile para ir envolvendoas. Por último colocamos outra oliva.
- Repetimos o proceso até telas todas.