Madalenas de castaña

Detalles

Racións

16 racións

Tempo

30 minutos

Dificultade

Fácil

Molde

Moldes de papel para madalenas

Ingredientes

  • 4 ovos

  • 200 g de azucre

  • 1/2 vaso de aceite de oliva

  • 100 g de fariña de trigo

  • 100 g de fariña de castaña

  • 1 sobre de lévedo en pó

Pasos

  • Batemos os ovos co azucre, a continuación engadimos o vaso co aceite e batemos todo ben.
  • Mesturamos a fariña de trigo co lévedo, peneiramos para evitar que se formen grumos e engadimos.
  • Engadimos a fariña de castaña peneirada.
  • Remexemos todo até ter unha masa homoxénea e enchemos os moldes de papel para madalenas.
  • Botamos cunha culler un pouco de azucre por riba das madalenas para decorar. Metémolas no forno, que previamente quentaramos a 180 graos, durante 15 minutos.
  • Retirámolas cando estén douradiñas e deixamolas arrefriar nunha rexa.