Mexillóns Thai ou mexillóns en mollo de curry verde

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

30 minutos

Ingredientes

  • 1 kg de mexillóns

  • 300 ml de leite de coco

  • 1 porro

  • 4 dentes de allo

  • 2 culleres de pasta de curry verde

  • 1 culler de mollo asiático de peixe

  • 1 lima

  • cilantro ou pirixel fresco

  • 6 toros de xenxibre fresco

  • 3 caienas

  • aceite de oliva

Pasos

  • Comezamos sacándolles as barbas e limpando os mexillóns. Pasámolos por auga e poñémolos nun escoadoiro.
  • A continuación nunha pota alta botamos un chorriño de aceite e engadimos o allo cortado en anaquiños, deixamos dourar un chisco mentras lavamos o porro e o cortamos en toros. Botámolo na pota e refogamos todo uns 5 minutos a lume medio.
  • Non imos engadir sal porque o mollo de peixe é bastante salgado, pero podemos probar e rectificar antes de botar os mexillóns.
  • Cortamos o xenxibre en toros, uns 6 máis ou menos, e engadímolo á pota xunto ás caienas. Engadimos tamén duas culleres de pasta de curry verde, o leite de coco e o mollo de peixe. Remexemos todo ben até desfacer a pasta de curry e deixamos cociñar uns 5 ou 10 minutos.
  • Pasado este tempo engadimos os mexillóns, poñemos a tapa e agardamos uns 5 minutos até que abran todos.
  • Servimos os mexillóns co mollo e sen tirar as cunchas. Botámoslles por enriba un chorriño de zume de lima e follas de cilantro ou pirixel fresco picadas para decorar.