Detalles
1 persoa
5 minutos
É a bebida máis famosa de Cuba. Segundo conta a lenda, foi inventada polo famoso pirata inglés Francis Drake como remedio para o escorbuto e as dores estomacais cun augardente precursor do ron. Anos máis tarde o ron substituiu a augardente primixenia e co paso do tempo adoptou o nome de mojito co que se fixo popular. O mojito clásico faise con zume de lima, ron branco, azucre, menta e un chisco de soda.
O sabor cítrico do limón faino unha bebida moi fresca e as follas de menta danlle un toque aromatico e moito sabor.
Ingredientes
50 ml de Ron branco
25 ml de zume de lima
(1/2 lima en anacos)Chorriño de soda
(ou auga con gas)8/10 follas de hortelá fresca
2 culleres de azucre branco
Xeo picado
Pasos
- Imos necesitar xeo picado, podemos mercalo directamente ou botar unhas pedras nunha bolsa de conxelar e golpealas cun morteiro até que se desfagan.
- Machucamos no vaso os anacos de lima, posteriormente engadimos a hortelá e o azucre. Machucamos outro pouco todo xunto para que solten o zume.
- Engadimos o ron e enchemos medio vaso con xeo picado. Remexemos de arriba a abaixo.
- Completamos con máis xeo picado e rematamos botándolle soda. Decoramos o Mojito cunha ramiña de hortelá e unha roda de lima.