Detalles
1 persoa
5 minutos
Alá polos anos 40 o vodka non era aínda popular fora de Rusia ou o centro de Europa, foi entón cando un par de empresarios estadounidenses que querían darlle saída aos seus produtos inventaron o Moscow Mule, ou mula de Moscú, que chegou a ser un dos cócteles máis populares na súa época e chegou até hoxe, convertíndose nun clásico. Este combinado faise con vodka, cervexa de xenxibre, zumo de lima e xeo picado. Unha curiosidade desta bebida é que se serve en xarras de cobre, así mantense fría moito máis tempo. É unha mestura moi fresquiña e cun sabor ben diferenciado grazas a cervexa de xenxibre.
Ingredientes
60 ml de Vodka
(2 medidas)120 ml de Ginger Beer
ou Ginger Ale25 ml de zume de lima
(1/2 lima)Hortelá fresca
Xeo picado
- Para servir:
1 taza de cobre
Pasos
- Imos necesitar xeo picado, podemos mercalo directamente ou botar unhas pedras nunha bolsa de conxelar e golpealas cun morteiro até que se desfagan.
- Introducimos o xeo picado até cubrir metade da xarra.
- Engadimos o vodka e o zume de lima. A continuación botamos a cervexa de xenxibre até encher a xarra e remexemos con suavidade.
- Decoramos a mestura cunha roda de lima e unhas folliñas de hortelá.