Mousse de piña e cava

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

30 minutos

Dificultade

Fácil

Molde

6 vasos de chato

Ingredientes

  • 2 ovos

  • 60 ml de cava

  • 6 follas de xelatina transparente

  • 75 ml de nata para montar

  • 1/4 piña natural

  • 50 g de azucre

  • 1 lima

Pasos

  • Pelamos a piña e pasámola por unha licuadora. Podemos tamen batela cun batedor e logo coala cun coador chinés para sacar os grumos. Reservamos.
  • Poñemos as láminas de xelatina a remollo en auga fría.
  • Nun cazo mesturamos 75 ml do zume da piña que acabamos de licuar coa nata e o azucre.
  • Quentamos a lume baixo a nata coa piña e disolvemos nela a xelatina. Cando comece a ferver retiramos do lume, engadimos o cava, mesturamos ben e deixamos arrefríar.
  • Separamos as claras das xemas e noutro cunco montamos as claras cun batedor de varas. Primeiro engadimos un pouco de sal, comezamos a pontecia baixa e imos subindo pouco a pouco até que estean montadas.
  • Cando estean montadas as claras mesturamos coa nata, a piña e o cava. Mesturamos pouco a pouco e con moito cuidado facendo movementos envolventes para non perder o aire das claras.
  • Logo botamos a mousse nos cuncos onde a imos servir e deixámolos na neveira 2 ou 3 horas para que arrefríe.
  • Antes de servir relamos un pouco de lima por enriba de cada un para decorar.

2 comentarios

Los comentarios están cerrados.