Peituga de polo rechea de grelos, queixo e ovo

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

30 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 1 peituga de polo

  • 1 ovo

  • 100 g de grelos cocidos

  • 50 g de queixo para fundir

  • 2 allos

  • 6 lascas de xamón curado

Pasos

  • Podemos empregar grelos de lata ou frescos, para preparar os frescos podedes ver aquí como facelo.
  • Cocemos o ovo durante 10 minutos, tirámoslle a casca e cortámolo en taquiños pequenos do mesmo tamaño.
  • Cortamos a peituga de polo en dous anacos e abrímola pola metade. Botámoslle sal e pementa negra moída.
  • Nunha tixola cun pouco de aceite douramos os allos cortados en anacos pequenos, e sofritimos un pouco os grelos. A continuación engadimos o queixo e remexemos ben até que se derreta. Retiramos da tixola, engadímoslle o ovo cocido cortado en anacos e mesturamos ben.
  • Botamos un pouco do recheno na peituga do polo e enrolámola sobre si mesma polo lado máis longo, podemos poñerlle un escarvadentes para suxeitar os extremos e evitar que se abra. Cubrímos a peituga coas lascas de xamon. Fritimos nunha tixola, pimeiro a lume medio dourando un pouco o xamón por todos os cantos e logo deixamos na tixola tapada a lume baixo para que se faga o polo, dandolle a volta de vez en cando.
  • Retiramos os escarvadentes e servimos cortada en toros.