Detalles
Racións
2 persoas
Tempo de cociñado
40 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
1 peituga de polo
1 cebola
1/4 piña natural
150 ml de nata para cociñar
2 allos
arroz
aceite de oliva
curry
cúrcuma
sal e pementa negra moída
perixel para decorar
Pasos
- Cortamos a cebola en brunoise.
- Cortamos a peituga de polo en tacos de igual tamaño e engadimos sal e pementa moída.
- Pelamos a piña e quitamos o cañoto. Cortamos a piña en tacos de tamaño similar aos do polo.
- Quentamos un chisco de aceite nunha tixola grande ou nun wok.
- Cando o aciete esté quente engadimos a cebola e pochamos a lume medio con un chisco de sal.
- Cando a cebola este pochadiña engadimos os tacos de polo e subimos un pouco o lume para que queden dourados e non se cozan. Salteamos durante uns minutos.
- Engadimos a piña ao polo e a cebola e continuamos salteando.
- Cando vexamos que o polo e a piña están cociñados engadimos a nata e remexemos ben.
- Deixamos cociñar uns minutos a nata co polo e engadimos curry ao gusto e un pouco de cúrcuma.
- Cando a nata espese, apagamos o lume e reservamos.
- Coa axuda dun coador lavamos ben o arroz e escorrémolo. Isto permítenos quitar o almidón do arroz e que quede máis solto.
- Engadimos un chorriño de aceite nunha pota e cando este quente engadimos os allos pelados e cortados pola metade. Deixamos uns minutos mentras se douran os allos con cuidado de que non se queimen.
- Engadimos o arroz ao allo e refogamos uns minutos.
- Botámoslle auga abundante e deixamos cocer uns 10 ou 12 minutos aproximadamente até que o arroz esté no seu punto. Engadimos abundante auga xa que imos escorrelo despois.
- Escorremos ben o arroz co coador.
- Para servir no prato imos facer unha montañiña de arroz coa axuda dunha cunca. Para isto enchemos de arroz a cunca e prememos levemente. Viramos a cunca sobre o prato e sacudimos con cuidado para que se solte.
- Colocamos o polo coa piña e a salsa de curry aos pes do arroz. Por último podemos decorar a montaña de arroz con unhas follas de perixel por riba.