Porros asados

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

45 minutos

Ingredientes

  • 3 porros frescos

  • 4 dentes de allo

  • aceite de oliva

  • ourego

  • tomiño

  • romeu

Pasos

  • En primeiro lugar lavamos ben os porros e cortámolos en dúas metades, a continuación cortámolos lonxitudinalmente polo medio e colocámolos nunha bandexa apta para o forno coa parte interior cara arriba.
  • Picamos os dentes de allo ben finiños e botámolos por enriba dos porros, botámoslle tamén as herbas aromáticas ao gusto e finalmente un chorro abundante de aceite de oliva.
  • Metemos no forno, que previamente quentamos a 180ºC, e deixamos uns 35 minutos até que os allos e os porros comecen a estar douradiños por enriba.
  • Servimos quentes e se queremos podemos acompañalos dalgún mollo, a salsa Romesco ou o Alioli combinarán a perfección con esta receita.