Pudin de panetone e arandos

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

30 minutos

Dificultade

Fácil

Molde

6 ramequins

Esta receita é estupenda para aproveitar doces que sobraron como pode ser o panetone, o roscon de reis ou incluso unhos croisants. Non importa que estean resesos. É unha sobremesa suave, o caramelo e os arandos danlle un toque de sabor. Cómese frío como se fose un flan.

Cociñámolos en ramequíns, uns moldes de cerámica aptos para o forno, pero podemos empregar calquera cunco que se poda meter no forno.

Ingredientes

  • 1 anaco de panetone

  • 300 ml de leite

  • 2 ovos

  • 1 culler de café
    de esencia de vainilla

  • 225 g de arandos

  • 30 g de manteiga

  • caramelo líquido

Pasos

  • Derretemos a manteiga no microondas e untamos os ramequíns coa metade da manteiga e coa axuda dun pincel.
  • Cortamos o panetone en cadrados e enchemos os moldes cos anacos de panetone mesturados cos arandos.
  • Botamos un pouco de caramelo sobre o panetone en cada un dos cuncos.
  • Quentamos o leite un pouco sen que chegue a ferver, engadimos os ovos e batimos ben.
  • Botamos a mestura de ovo e leite nos ramequíns deixando marxe para que suba no forno.
  • Botamos por riba de todos o restante da manteiga derretida.
  • Quentamos o forno a 200º e cociñámolos durante 20 minutos.
  • Sacamos do forno e deixamos que arrefríen. Despois metémolo na neveira 3 ou 4 horas como mínimo.