Sushi caseiro e sinxelo

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

2 horas

O sushi é o prato xaponés por excelencia. Elabórase aderezando arroz cocido cun mollo chamado sushi-zu, feito a base de vinagre de arroz, azucre e sal. Emprégase unha veriedade de arroz pequena, redonda e cunha gran cantidade de amidón. Unha vez frío combínase este arroz con diferentes ingredientes como peixes, mariscos, algas ou verduras. 

O termo sushi é unha palabra xenérica que engloba diferentes elaboracións. Algunhas das máis coñecidas son os makis, uramakis ou nigiris. Todas elas se fan con arroz, pero de diferente xeito.

En primeiro lugar temos os makis, se traducísemos literalmente do xaponés sería algo parecido a rolo. Son os máis famosos e fanse con arroz recheo de peixe ou verduras enrolados en alga nori. O contrario a estes serían os uramaki, a palabra ura significa a cara oposta, e como o seu nome indica é un maki ao revés. Neste caso o arroz é a cara de fora e por dentro temos alga nori rechea de peixe ou verduras. 

Por último os nigiris fanse sen alga nori, son pezas de arroz cuberta de peixe cru ou lagostinos. 

O sashimi tamén englobado no sushi, elabórase sen arroz e sen algas, son anacos de peixe crú cortado en lascas e acompañado dun mollo, xeralmente soia. 

Todas estas elaboracións poden facerse con diferentes ingredientes. Entre os peixes os máis consumidos son o atún e o salmón, pero tamén se poden empregar xurelos, sardiñas ou luras. Como acompañamento destes adoitan ir unha gran variedade de produtos, o máis común é o cogombro ou o aguacate, pero hainos con manga ou incluso queixo. A continuación veremos o que precisamos e como facer estas pezas de sushi.

Makis
Sashimi
Nigiri
Uramakis

Ingredientes

  • 400 g de arroz para sushi

  • 300 g de salmón

  • 200 g de atún

  • mollo de soia

  • láminas de alga nori para sushi

  • sementes de sésamo

  • 1 cogombro

  • 1 manga

  • 1 aguacate

  • Para o sushi-zu
  • 90 ml de vinagre de arroz

  • 15 g de azucre

  • 10 g de sal

  • UTENSILIOS
  • Esteira enrolable para sushi

  • Coitelo ben afiado

  • Papel film

Pasos

  • Temos que ter en conta que se o peixe é fresco é necesario conxelalo 48h antes de empregalo por se tivera anisakis.
  • En primeiro lugar imos comezar co arroz, para preparalo é moi importante lavalo ben antes para tirarlle o amidón. Lávase nun cunco baixo a billa e imos remexendo coa man e tirando a auga, así até 9 veces se é preciso até que saia clariña. Despois de lavalodeixámolo repousar uns 30 minutos até que se infle. A continuación botamos o arroz nunha xarra medidora e cocémolo co mesmo volume de auga. Comezamos co lume ao máximo até que ferva, baixamos un pouco o lume e deixamos así 10 minutos. Finalmente apagamos o lume e deixamos repousar outros 10 minutos.
  • Mentras repousa o arroz botamos nun cazo o vinagre de arroz, o azucre e o sal e quentámolo a fogo medio sen que chegue a ferver. Deixamos repousar uns minutos tapado.
  • Unha vez cociñado e despois de repousar o arroz mesturamos co mollo de vinagre de arroz, sal e azucre en quente e déixamos repousar estendido para que arrefríe.
  • Aproveitamos o tempo que precisa o arroz para arrefríar para ir cortando o resto dos ingredientes.
  • O peixe podemos telo desconxelado ou sacalo do conxelador un pouco antes pero aproveitar que está conxelado para cortalo máis facilmente.
  • Para os makis e uramakis imos cortar tiras alongadas no sentido contrario a veta do peixe e para o sashimi e os nigiris lascas non moi grosas.
  • O cogombro pelámolo e cortámolo á metade polo lado mais longo, e logo cortamos tiras. O aguacate pelámolo, cortámolo á metade tamén e cortamos cada metade en lascas. A manga pelámola e cortámolo en tiras.
  • Cando teñamos todos os ingredientes preparados e o arroz enfriase comezamos preparando as distintas pezas. Par aiso imos envolver a esteira de bambu con papel film para que non se pegue o arroz.
  • Para os makis, cortamos unha lámina de alga nori á metade, colocámola coa parte brillante cara abaixo sobre a esteira. Mollamos as mans en auga para manipular o arroz máis facilmente e imos colocando boliñas de arroz sobre a alga e estendéndoo sobre esta, deixando o borde superior libre e facendo montañiñas nos 4 bordes, de xeito que teñamos mais arroz neles e no medio algo menos. Colocamos os ingredientes ao gusto no medio e enrolamos a alga sobre ela misma premendo coa axuda da esteira para que quede compacto.
  • Para os uramakis, repetimos o proceso dos makis e cando teñamos o arroz sobre a alga botámoslle sementes de sésamo por enriba e con moito cuidado dámoslle a volta e deixamos a alga nori por enriba. Colocamos os ingredientes ao gusto no medio e enrolamos tamén sobre ela misma e prememos coa axuda da esteira para que quede compacto.
  • Cando rematemos de preparar todos os roliños cortamos cada un en 10 toros diferentes cun coitelo ben afiado para non esmagalos.
  • Para os nigiris, mollamos a man en auga fria para manipular o arroz máis facilmente e collemos unha boliña de arroz, dámoslle forma coa man e colocamos a lasca de peixe por enriba, premendo o peixe para que se adapte a forma do arroz.
  • Para o sashimi, servimos os anacos de peixe cortados con sementes de sésamo por enriba e con mollo de soia.