Torta rápida de ananás

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

30 minutos

Ingredientes

  • 1 lata de ananás en almibre (820g)

  • 2 sobres de xelatina de ananás

  • sobaos

  • 400 ml de nata para bater

  • caramelo líquido

  • MOLDE
  • Bandexa de 30×21

Pasos

  • A elaboración desta torta é moi sinxela. En primeiro lugar abrimos a lata de ananás e botamos o almibre nun cazo. Poñemolo a lume medio e cando estea quente pero sen chegar a ferver botamos a xelatina e remexemos ben até que se disolva.
  • Neste punto retiramos do lume, engadimos a nata para bater e integramos todo para obter unha mestura homoxénea. Deixamos que arrefríe.
  • Mentras a crema enfría un chisco comezamos a montar o resto da torta.  Primeiro botamos na base dunha bandexa fonda caramelo líquido e por enriba desa capa de caramelo poñemos os toros de ananás. Logo colocamos os sobaos sobre a piña coa parte dourada cara abaixo e picámolos ben cun garfo para que máis tarde absorban ben todo o zume.
  • Botamos a mestura do almibre coa nata e a xelatina sobre eles e deixamos enfriar na neveira unhas 4 horas para que se solidifique a crema. 
  • Para servila imos pasar un coitelo con moito coidado polos bordos da tarta para despegala e finalmente dámoslle a volta sobre a bandexa na que a imos servir.