Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
45 minutos
Ingredientes
400 g de framboesas frescas
ou desconxeladas200 ml de nata para montar
1 ovo e 2 xemas
1 culler de zume de limón
1 culler de reladura de limón
180 g de azucre
sal
Pasos
- Trituramos as framboesas cun batedor eléctrico até obter un pure. Pasámolo por un coador fino sobre un cunco, empregando unha culler para presionar e mover a froita polo coador para aproveitalo ao máximo. Tiramos as sementes e reservamos o pure de framboesa, deberíannos quedar uns 350 g.
- Montamos a nata cun batedor eléctrico de globo, comezando a baixa potencia e subindo pouco a pouco até que estea ben montada. Reservámola na neveira.
- Nunha pota onde poidamos colocar un recipiente metálico para cociñar ao baño maría, botamos un pouco de auga e agardamos até que ferva, logo baixamos o lume ao mínimo.
- Antes de poñelo ao baño maría botamos no cunco as xemas, o ovo, o zume de limón, o azucre e un chisquiño de sal. Batemos todo ben cun batedor de globo eléctrico.
- Cando teñamos unha mestura homoxénea colocamos o cunco sobre a pota ao baño maría e batemos continuamente durante uns 5 minutos até que se derreta o azucre e a mestura se quentase.
- Retiramos o cunco do lume e seguimos batendo até que espese e se atempere un pouco. Deixamos uns 15 ou 20 minutos até que arrefríe.
- Cando a mestura de ovos e azucre arrefríe mesturámola co puré de framboesa e batemos a baixa potencia para que se mesturen. Engadimos pouco a pouco e con cuidado a nata montada ao resto dos ingredientes e continuamos batendo a baixa potencia até que nos quede unha mestura homoxénea. Botamolo nun recipiente con tapa apto para o conxelador e deixámolo polo menos 12 horas.
- Dez minutos antes de servir retiramos do conxelador para que se atempere e poidamos manipulalo. Servimos en cuncos con framboesas por enriba e decoramos cunhas folliñas de menta.