Bolachas de manteiga con abelás

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

90 minutos

Dificultade

Fácil

Molde

Bandexa de forno e cortapastas

Ingredientes

  • 2 ovos

  • 250 g de manteiga
    a temperatura ambiente

  • 140 g de azucre

  • 500 g de fariña de trigo

  • abelás peladas

Pasos

  • Temos que ter a manteiga a temperatura ambiente, para isto sacámola da neveira mínimo unha hora antes de facer as bolachas.
  • Con un batedor de varas eléctrico mesturamos ben a manteiga co azucre durante 5 minutos.
  • Engadimos un ovo e seguimos batendo, o outro ovo reservámolo para pintalas.
  • Peneiramos a fariña e imos engadindolla pouco a pouco á manteiga mentras batemos. Cando teñamos toda a fariña botada amasamos coas mans uns minutos até ter unha masa homoxéna.
  • Cando estea ben amasado, facemos unha bola, cubrímola con papel film e metémola na neveira 1 hora para que se acabe de formar a masa.
  • Pasada a hora, botamos un pouco de fariña sobre unha superficie e coa axuda dun rolete estendemos a masa até que quede cun grosor dun centímetro máis ou menos.
  • Con un cortapastas da forma que máis nos guste imos cortando as bolachas e colocándoas sobre unha bandexa cuberta con papel de forno.
  • Batemos o outro ovo e cunha brocha pintamos as bolachas por riba e decorámolas con avelás partidas á metade.
  • Prequentamos o forno a 180 graos e cando estea temperado metemos as bolachas uns 10 minutos. Cando os bordos se comecen a poñer morenos é o momento de sacalas.
  • Finalmente deixámolas enriba dunha rexa para que arrefríen.

1 comentario

Los comentarios están cerrados.