Pasta fresca – Tallarines

Detalles

Racións

2 personas

Dificultade

Fácil

Tempo

90 minutos

Ingredientes

  • 300 g de fariña

  • 2 ovos

  • 100 ml de auga

Pasos

  • Tamizamos a fariña nun bol e facer un burato no medio coma se fose un volcán.
  • Bater os ovos e poñelos no burato da fariña.
  • Mesturar ben e engadir a auga a medida que a masa o vaia precisando.
  • Amasar ben ata ter unha masa homoxénea que non se apegue aos dedos.
  • Deixar repousar a masa tapada con film polo menos 30 minutos a temperatura ambiente.
  • Botar un pouco de fariña nunha superficie e dividir a masa en bolas. Estiralas con un rolete ou unha botella limpa até deixar láminas finas.
  • Cortar os extremos das láminas para que teñan forma de renctángulo.
  • Botar un pouco de fariña por enriba das láminas e ir dobrando cada unha sobre si mesma.
  • Cortar a masa enrolada de dereita a esquerda con cortes de 1 cm máis ou menos, de xeito que ao desenrolala quede con forma de tallarines.
  • Cocer con abundante auga uns 7 ou 8 minutos, dependendo do grosor da masa.