Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
45 minutos
Ingredientes
400 g de arroz bomba
1 l de caldo de peixe
600 g de chipiróns limpos
e cortados1 cebola
2 dentes de allo
6 lagostinos
1 tomate maduro (300g)
1 culler de polpa
de pemento chouriceiro8 g de tinta de lura
aceite de oliva
- Para acompañar:
alioli
1 limón
1 ramiña de romeu
Pasos
- Botamos abundante aceite nunha pota ou nunha paella, cando estea algo quente botamos os lagostinos cun pouco de sal e douramos polos dous lados. Sacámolos e agardamos a que arrefríen un pouco para pelalos. Nun cazo á parte poñemos a quentar o caldo de peixe.
- Cortamos a cebola e o allo en brunoise, refogámolos durante 10 minutos a lume medio no mesmo aceite cun chisco de sal por enriba. Pelamos e cortamos o tomate en cadradiños e engadímolo a pota xunto á culler de pemento chouriceiro, remexemos e deixamos outros 10 minutos.
- Pasado este tempo botamos os chipiróns e refogámolos uns minutos, engadimos tamén a tinta de lura e remexemos ben para que se integren todos os ingredientes.
- Botamos o caldo quente e deixamos cociñar uns minutos, probamos o punto de sal e rectificamos se fose preciso. A continuación engadimos o arroz e deixamos cocer durante 20 minutos, os 10 primeiros a lume forte e os 10 últimos a lume baixo.
- Colocamos os lagostinos cortados en anacos por enriba e deixamos repousar 5 minutos antes de comer. Servimos coa ramiña de romeu para decorar e acompañado de alioli e dun limón para botarlle ao gusto.