Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
30 minutos
Ingredientes
5 ramiñas de menta fresca
90 g de xenxibre
350 g de coliflor
8 cogombros pequenos (650 g)
1 dente de allo
4 iogures gregos (500g)
2 culleres de zume de limón
aceite de oliva
70 g de améndoas laminadas
sal e pementa branca
Pasos
- Cortamos 30 g de xenxibre en toros. Lavamos e separamos en ramiñas a coliflor e cocémola co xenxibre en toros e 4 ramas de menta durante 5 minutos, de xeito que estea cocida pero algo dura.
- Escorremos a coliflor e reservamos. Tiramos o xenxibre e a menta coas que cocimos a coliflor.
- Pelamos os cogombros e botámolos en anacos no vaso dun batedor xunto ao resto do xenxibre relado, o allo esmagado, o iogur, o zume de limón, unha culleriña de sal e 1/2 culleriña de pementa branca. Trituramos todo até obter unha crema homoxénea e gardamos na neveira unha hora como mínimo.
- Para servir:
- Nunha tixola cun chisco de aceite quente, botamos as améndoas e salteámolas durante uns minutos até que fiquen douradiñas. Engadimos as follas de menta restantes cortadas en anacos e mesturamos coas améndoas. Retiramos do lume, engadimos un chisco de sal e agardamos até que arrefríen.
- Servimos en cuncos individuais cunhas ramiñas de coliflor no fondo e botamos por enriba a crema fría. Decoramos coa mestura de améndoas torradas e menta.