Detalles
Racións
2 personas
Dificultade
Fácil
Tempo
90 minutos
Pasos
- Tamizamos a fariña nun bol e facer un burato no medio coma se fose un volcán.
- Bater os ovos e poñelos no burato da fariña.
- Mesturar ben e engadir a auga a medida que a masa o vaia precisando.
- Amasar ben ata ter unha masa homoxénea que non se apegue aos dedos.
- Deixar repousar a masa tapada con film polo menos 30 minutos a temperatura ambiente.
- Botar un pouco de fariña nunha superficie e dividir a masa en bolas. Estiralas con un rolete ou unha botella limpa até deixar láminas finas.
- Cortar os extremos das láminas para que teñan forma de renctángulo.
- Botar un pouco de fariña por enriba das láminas e ir dobrando cada unha sobre si mesma.
- Cortar a masa enrolada de dereita a esquerda con cortes de 1 cm máis ou menos, de xeito que ao desenrolala quede con forma de tallarines.
- Cocer con abundante auga uns 7 ou 8 minutos, dependendo do grosor da masa.