Paté vegano de tomates secos

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

15 minutos

Ingredientes

  • 75 g de tomates secos
    en conserva

  • 75 g de pementos do piquillo

  • 50 g de anacardios sen sal

  • ½ dente de allo

  • 20 g de aceite de oliva

  • 1 culleriña de comiño en po

Pasos

  • Comezamos botando todos os ingredientes no vaso dun batedor e trituramos até que fique unha mestura homoxénea e sen gromos.
  • Botámoslle comiño en po ao gusto e servímolo nun cunco acompañado de anaquiños de pan torrado para untar ou con nachos para mollar nel.
  • Podemos conservalo na neveira durante varias semanas se o gardamos nun tarriño.