Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
45 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
500 g de améndoa pelada
400 g de azucre
2 ovos
1 limón
papel de oblea (papel de arroz comestible)
Pasos
- Se a améndoa está seca non é preciso torrala antes. Se non é asi, metémola no forno uns minutiños para secala.
- Reservamos unhas poucas améndoas para decorar e moemos o resto. Para moer a améndoa podemos usar un muiño de améndoa ou unha picadora eléctrica. Precisamos duas texturas diferentes, aproximadamente uns 300 gramos máis fina e 200 gramos máis gorda.
- Despois de moer a améndoa engadimos o azucre e remexemos ben para mesturalos.
- Relamos a monda de medio limón e exprimimos o zume de algo menos da metade e engadimos.
- Batemos os dous ovos e mesturámolos co resto dos ingredientes. Remexemos ben para que ligue e acabamos amasando coas mans.
- Colocamos nunha bandexa para o forno papel de aluminio e por riba papel de oblea. Ao colocar o papel de aluminio por debaixo evitamos que se pegue o papel de oblea á bandexa.
- Facemos pequenas bolas coa masa e dámoslles forma alongada sen esmagalas moito. Colocámolas sobre a bandexa formando un círculo.
- Coa axuda dun garfo acabamos de darlle forma colocando masa donde falte e redondeando as beiras.
- Por último, para decoralo, sen gramar moito pasamos a punta do garfo polo roscón facendo pequenos regos e colocamos as améndoas que reservaramos .
- Metemos no forno a 180 graos durante 20 minutos aproximadamente.