Detalles
Racións
2 persoas
Tempo de cociñado
15 minutos
Dificultade
Fácil
Pasos
- Lavamos e secamos con un pano de papel as setas.
- Cortamos as setas en láminas nen moi finas nen moi grosas.
- Botamos aceite de oliva nunha tixola grande ou wok e agardamos a que queza un pouco. Cando acade a temperatura, botamos os dous allos picados e as setas.
- Refogamos a lume medio as setas até que estén cociñadas.
- Colocamos nun prato, preferiblemente de madeira e botamos un chorro de aceite por riba das setas.
- Finalmente botamos sal en escamas e pimentón picante por riba.