Detalles
Racións
6 persoa
Tempo
40 minutos
A vichyssoise é unha sopa coñecida no mundo enteiro pero é unha variante dunha receita tradicional da cociña francesa. Adoita comerse fría pero quente ou temperada tamén está moi boa.
Ingredientes
5 porros
2 patacas
1 litro de caldo de polo
200 ml de nata para cociñar
aceite
sal
ceboliño fresco
Pasos
- Pelamos as patacas e lavamos os porros. Quentamos un chorriño de aceite nunha pota e engadimos os porros e as patacas cortadas en anacos. Botámoslles sal e refogamos a fogo medio uns 5 minutos.
- Cando comecen a dourarse engadimos o caldo de polo e deixamos cocer outros 25 minutos.
- Pasado este tempo comprobamos que están ben cocidos e trituramos cun batedor. Engadimos a nata e mesturamos ben até ter unha mestura homoxénea.
- Agardamos a que arrefríe e servimos en cuncos con ceboliño cortado por enriba para decorar. Podemos comela quente ou temperada tamén.