Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
90 minutos
Dificultade
Fácil
Pasos
- Quentamos o leite sen que chegue a ferver e retiramos do lume.
- Exprimimos o limón e filtramos o zume.
- Engadimos un chisco de sal e o zume de limón ao leite. Ao engadir o zume o leite vaise cortar pero é o que queremos.
- Fervemos un pano uns minutos para esterilizalo.
- Filtramos o leite cortado co pano que fervemos e gardamos a parte sólida dentro do mesmo pano na neveira.
- Deixamos na neveira como mínimo unha hora antes de comer.