Trenza de pan con sésamo

Detalles

Racións

4 persoas

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 500 g de fariña de trigo

  • 20 g fermento en pó ( ou 10g de fermento fresco)

  • 400 g de auga morna

  • 2 culleradas de sal fina

  • 40 ml de aceite de oliva virxe extra

  • 50 g de sésamo ecolóxico torrado

Pasos

  • Poñer o fermento nun cunco, engadirlle a auga morna, nunca quente nin fervendo.
  • Engadir aceite e sal e mesturar.
  • Engadir pouco a pouco a fariña tamizada e ir mesturando.
  • Engadir o sésamo e mesturar.
  • Acabar de engadir a fariña e mesturar ben.
  • Unha vez homoxeneizado, amasar 10 minutos nunha mesa con un pouco de fariña e pasalo a un cunco coas paredes cubertas con unha capiña de aceite. Se a masa é moi líquida é posíbel que se teña que engadir máis fariña no proceso. ” A masa vaino pedindo”.
  • Deixar tapado con film 2h nun lugar temperado. Si a túa cociña está moi fria pon un pano baixo do cunco para que a mesa non lle transmita o frio e pon duas tazas con auga quente ao redor para darlle algo de temperatura.
  • Botar un pouco de fariña na mesa e poñer a masa enriba. Dividimos a masa en tres churros alongados e trenzámolos. Poñer a trenza enriba de papel de forno nunha bandexa apta para o forno.
  • Deixar repousar 1h cuberta dun pano nun lugar sen correntes de aire e quente.
  • Meter no forno quente a 200 graos uns 50 minutos. É importante poñer un recipiente con auga dentro.
  • Deixar enfriar e comer.